Saturday 20 de April de 2024

A Consellería de Medio Ambiente emite a Memoria Ambiental do Plan Xeral de Frades



O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai pública esta decisión e co que se culmina o trámite de avaliación ambiental estratéxica

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica hoxe o anuncio polo que se fai publica a Memoria Ambiental do Plan Xeral de Ordenación do Territorio do Concello de Frades. O Diario Oficial de Galicia de hoxe (http://bit.ly/1mJgUSD ) publica este documento, co que se da por cerrada a tramitación de avaliación ambiental estratéxica.

Dende a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental indícase que o PXOM de Frades debe incorporar unha serie de determinacións sobre dous ámbitos de solo urbanizable industrial, o S-01, de 62.215 m2, situado na parroquia de Abellá, lindeiro co núcleo de Vedral. Trátase dunha actuación para acoller empresas de suministros agropecuarios, ofrecendo a posibilidade de implantación de novas empresas vinculadas á actividade agrogandeira.

No caso do outro solo, o S-02, ten unha maior superficie 244.156 m2, localízase ao norte do núcleo de Ponte Carreira, no lugar do Cadaval, nas parroquias de Ledoira e Vitre, palalelo á N-364. Así, o desenvolvemento do sector de solo S-02 (solo urbanizable industrial) terá prioridade sobre o do urbanizable industrial S-01 e será necesario realizar un estudo de demanda que xustifique a súa necesidade.

Indícase que ao redactar o plan parcial do S-01 deberá estudarse a posible incidencia sobre o sisón (Tetrax tetrax) e establecer as medidas precisas para a preservación desta especie. Así mesmo, os plans parciais para ambos sector S-01 e S-02 deben incorporar unha análise de situación acústica prevista e da compatibilidade de ordenación cos usos residenciais lindeiros, de cara a establecer as medidas axeitadas para garantir o cumprimento dos obxectivos acústicos.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ten consignados 120.000 euros en axudas para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.